Marina Ortega leva ao Parlamento a situación da poboación de Leiro, obrigada a agardar ao aire libre polas restricións motivadas pola pandemia
Ortega destaca que a actividade do centro de saúde de Leiro é importante, tendo en conta que trátase dunha poboación envellecida. Debido ás restricións motivadas pola pandemia, os doentes teñen agardar en numerosas ocasións fóra das instalacións ata ser atendidos. Os veciños solicitan que se cubra dito espazo para se protexer do frío, choiva e nas épocas estivais das altas temperaturas que acostuma a ter dito concello.
Onte, o alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, informaba de que nos presupostos de este ano contemplan melloras no centro de saúde, entre elas adaptar un espazo para estas esperas fora do edificio.