O Cine Club e o cine de Leiro traen estreas para esta fin de semana

A programación do mes de marzo do Cine Club está centrada no panorama internacional máis recente. O venres día 4 comezarán forte con unha das películas do ano, a xaponesa “Drive my car”, candidata a 4 Premios Óscar, Globo de Ouro á mellor película de fala non inglesa, entre un gran número de recoñecementos.

Os primeiro pase será hoxe, ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e para os que queren desfrutar dela, o segundo pase será ás 23:00 horas en VOS, no Auditorio Manuel María do Carballiño.

AVANTAR ACTIVIDADES

Trátase dunha programación centrada moito en historias protagonizadas, feitas e dirixidas por mulleres, coa que queren aportar tamén o seu gran de area a todas as celebracións reivindicativas do día internacional da muller traballadora do próximo 8M.

O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira como cada semana, neste caso para ofrecer un filme recentemente estreado e xa famoso pola crítica. Trátase de “Uncharted”, protagonizada por Tom Holland e Mark Wahlberg. Conta a historia de Nathan Drake e o seu compañeiro Victor Sullivan, que se embarcan nunha perigosa busca do “maior tesouro xamais atopado”. Ao mesmo tempo, buscan pistas que poden levar á desaparición do irmán de Drake.

Os pases será o sábado e domingo, ás 17:00 horas e ás 20:00 horas e o luns e xoves próximos ás 20:00 horas.