A casa do concello acolle a exposición de Brais Lorenzo sobre a pandemia. Organiza O’Potiños

Hoxe traemos outra recomendación cultural, da man da Asociación Fotográfica O’Potiños. Trátase dunha nova exposición, que está ubicada nas escaleiras da casa do concello. O seu autor é o ourensán e recoñecido con diversos galardóns polos seus traballos fotográficos, Brais Lorenzo. Esta mostra é unha nova visión da pandemia, que conta xa con recoñecementos pola súa expresividade e calidade. Logo do seu éxito no Arenteiro fotográfico, esta mostra volve.

O presidente da asociación, Manolo Blanco, recomenda a todos visitar esta mostra, xa que asegura que o realismo fainos vivir a situación tan dificil pola que tiveron que atravesar as residencias durante a pandemia, pero tamén moitas alegrías.

AVANTAR ACTIVIDADES

Tamén recorda que cada mes, as demáis exposicións van rotando, e pódense seguir desfrutando. En breves traballarán tamén na xa famosa PotiExpo 2021, que recollerá as mellores imaxes do pasado ano.