A solidariedade co pobo ucraíno mobiliza aos ourensáns

Dous autobuses levan material de primeira necesidade a Ucraína e volve con 96 nenos, nenas e as súas nais
Unha delegación Ourensá de 2 sanitarios, médico, 2 tradutores, seis choferes e equipo de voluntarios da organización viaxarán ata Ucraína
O convoi vai acompañado por un camión trailer con material de primeira necesidade recibida na base loxística de Legufrut en San Cibrao das Viñas que xunto á carga nos autobuses suman un total de 30 toneladas de produto

Seguen multiplicándose as accións solidarias co pobo ucraíno. Así, en Ourense xurdiu unha iniciativa privada SOS Ternóplil Galitzia que logrou conseguir dous autobuses e un
camión trailer que suman 30 toneladas de produto de primeira necesidade e que partirán o próximo día 14 de marzo con axuda humanitaria cara á fronteira con Polonia, e regresarán cun total de 96 nenos e nais que actualmente permanecen nun campo
de refuxiados en Ternópil (Ucraína).
A base de operacións -e de onde partirá o grupo este luns ás 9.00 horas- está nas instalacións da empresa Legufrut, onde a cidadanía interesada ha entregado material de primeira necesidade para enviar a Ucraína, maioritariamente, alimentos, medicinas e roupa.

AVANTAR ACTIVIDADES

Unha vez de volta en Ourense, os nenos e nais serán acollidos en tres puntos en Ourense, no Seminario Menor, un albergue en San Xoán de Río e outro en Trives.
Posteriormente, as familias serán reacollidas nos fogares que se ofreceron
a acollerlles. A delegación galega está composta por un equipo de médico, psicólogo, enfermeiros e tradutores, ademais dun grupo de voluntarios que se encargará de descargar e distribuír o material e de organizar o desprazamento das
familias.
Entre eles viaxará o realizador Carlos Urban que rexistrará todo canto aconteza co seu cámara e poderán seguir a través das redes sociais facebook. com/ sosternopilgalitzia

Viaje ida
Salida lunes 14 de marzo desde Legufrut Agro – Cidade do
Transporte Polígono de San Cibrao das Viñas Ourense (Galicia)
el lunes a las 9:00 horas. Llegada prevista el martes 15 de marzo
a las 17:00 horas a una de las fronteras de Polonia con Ucrania.
Según avanza el viaje se decidirá por razones de seguridad cual de
las fronteras será elegida por la organización para hacer el
transbordo.
Viaje vuelta
Se espera que la vuelta a Ourense a los dos centros de acogida, el
Seminario Mayor, el albergue de San Xoán de Ríos y el albergue de
Trives se produzca el viernes 18 de marzo por la tarde.
Máis info? www.sosternopilgalitzia.com