Segundo día de parón indefinido dos transportistas do Carballiño e contorna

Onte pola mañá comezaba un parón indefinido da man dos camioneiros e transportitas do Carballiño e da contorna. O seu obxectivo é paralizar ó sector para reclamar un traballo digno, que se está a converter en imposible ca suba descontrolada do carburante, entre outros incrementos de servizos. Polo momento non falla o subministro de ningún ben de primeira necesaidade. No caso dun parón máis restritivo, quedarán garantidos os servizos básicos.

Onte pola noite, os camioneiros do Carballiño e da contorna desprazáronse ata Coren, para informar activamente ós compañeiros que saían nese turno, que finalmente deron a volta voluntariamente.

AVANTAR ACTIVIDADES