O Centro Comercial Aberto do carballiño organizou unha campaña para axudar á volta ó curso escolar que estará vixente ata o 25 de setembro

Volve o cole e o CCA do Carballiño quere poñer o seu grao de area para axudar as familias nesta época de gran desembolso económico. Por iso, puxeron en marcha unha campaña pola que as compras dos clientes poden ter premio. Estes clientes poden participar nun sorteo de 200 euros en vales de compra a usar nos establecementos asociados. Para elo, soamente hai que enviar unha foto do tícket de compra á dirección carballinocca@gmail.com e participar no sorteo de 10 vales de compra de 20 euros cada un, que se celebrará o vindeiro vinte cinco de setembro.

Publicidade