Nota do Bng de Ribadavia: “As políticas da Xunta agravan os problemas do Ribeiro”

IES CHAMOSO LAMAS

Suponse que as axudas públicas teñen que favorecer que ninguén quede atrás, axudando a quen polo seu tamaño empresarial, obxecto social e territorio de asentamento van ter máis dificultades para desenvolverse. Algo que é aínda máis importante cando se trata de actividades que se realizan no rural.

Pero as axudas da Xunta para o sector do viño, son todo o contrario, fan máis grande aos grandes, mentres que ignoran aos pequenos viticultores e adegueiros. Unhas poucas empresas acaparan as axudas da Xunta, publicadas no DOG do 7 de marzo. Isto pode observarse claramente nas recentemente resoltas axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas. Habendo no Ribeiro un cento de adegas, só resultan beneficiarias tres delas e unha soa (recentemente adquirida por unha empresa de Ribera del Duero) recibe máis do 80% dos fondos que se reparten entre adegas da D.O. Ribeiro.

HIPER MASIDE

Tampouco existe para a Xunta o equilibrio territorial, tratar de axudar cos cartos públicos ás zonas máis desfavorecidas, ao interior galego. A maioría dos fondos van parar á D.O. Rías Baixas, sendo o seu Consello Regulador o único subvencionado na promoción das exportacións. Do 1.100.000 euros repartidos pola Xunta para promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países, 1.057.000 van parar a adegas radicadas na D. O. Rías Baixas e ao seu propio Consello Regulador, o único dos cinco consellos galegos que recibe estas axudas para fomentar as exportacións.

É dicir, a D.O. Rías Baixas é xa a que máis exporta, mentres que o resto de zonas van moi por detrás e, sen embargo, o Consello Regulador das Rías Baixas é o único que recibe axudas para favorecer as exportacións e o 95% dos cartos que a Xunta destina van a subvencionar a promoción internacional da D.O. Rías Baixas. A Consellería do Medio Rural non fai máis que agravar os problemas do Ribeiro: perda de mercados, peche de adegas, abandono de viñas.