O pasado xoves na Casa da Cultura Espazo Común convocou unha charla informativa sobre a situación do Asilo do Carballiño
Durante case unha hora, Pachi Vázquez explicou con detalle todo o que o grupo de Espazo Común foi quen de acreditar e documentar, a pesares do escurantismo e as constantes mentiras do alcalde Fumega que se nega incluso a facilitar documentos asinados por el mesmo no seu cargo de dirixente do Padroado.