Bng, Cs e Psdeg de Ourense denuncian a opacidade e as manobras do Goberno Local para impedir o labor de control e fiscalización

Os Grupos da oposición denuncian a opacidade e as manobras do
Goberno Local para impedir o labor de control e fiscalización

En protesta polo que consideran unha tomadura de pelo abandonaron esta mañá a
Xunta de Área de urbanismo, infraestruturas, educación, promoción economica,
artes e festexos, contratación e persoal ante a falla de respostas ás múltiples
preguntas formuladas ao longo destas semanas e a incomparecencia, reiterada, das
concelleiras delegadas

AVANTAR ACTIVIDADES

PSdeG – PSOE, BNG e Cs decidiron abandonar esta mañá a Xunta de Área de urbanismo por mor da falla reiterada de información e ante a ausencia reiteradas das concelleiras con competencias delegadas.
Esta actitude obstruccionista do labor fiscalizador da oposición vai na liña contraria ao
expresado polo alcalde á Valedora do Pobo, coa que se comprometera por escrito a
dar a información solicitada e pendente ao longo do pasado mes de xaneiro.
Xurden varias interrogantes ante as ausencias reiteradas de concelleiras con
competencias delegadas. Por qué Sonia Ogando non comparece, xusto neste momento
no que o debate urbanístico e as diferenzas entre os socios de goberno está máis
latente que nunca?. Por qué non se da unha soa resposta das áreas que xestiona
directamente o alcalde como por exemplo na de cultura, agora rebautizada en artes e
festexos?.
A oposición é consciente de que a Xunta de Área de urbanismo, na que tamén se
inclúen infraestruturas, educación, promoción economica, artes e festexos,
contratación e persoal, non é operativa nin funcional, motivo pola cal xa se ten
demandado en reiteradas ocasións a reformulación da mesma.