O Cine Club traslada esta semana a proxección do venres ó sábado

Esta fin de semana a proxección habitual do Cine Club dos venres trasládase ao sábado día 2, debido á programación teatral do Auditorio Manuel María. A película desta semana é unha auténtica xoia, a produción danesa  “Flee”, de Jonas Poher Rasmussen, centrada na vida dun refuxiado afgano. Alabada unanimemente pola crítica, recibiu diferentes premios en Festivais e estivo nominada aos Óscar en 3 categorías. Os pases serán nos horarios habituais, ás 20:00 en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS.