Este luns, día 6, no Auditorio o carballiñes Carlos A. Rodríguez Calvo presenta o seu libro “El hombre blanco del rio Nieva”

Será este luns día 6 as 20:30 h no Auditorio Municipal Manuel María onde o carballiñes Carlos A. Rodríguez Calvo ( Presidente do Centro de Estudos Chamoso Lamas ) fará a presentación do seu libro “El hombre blanco del rio Nieva”

O pasado 30 de xaneiro Carlos fixo unha presentación do libro no Centro Cultural Marcos Valcárcel nun acto organizado polo “Foro La Región” e cunha sala chea de xente

AVANTAR ACTIVIDADES

Carlos estuvo acompañado por Pilar Pin, que foi directora xeral da Cidadanía Española no Exterior e directora xerente da Fundación Galicia-Emigración e que polo tanto coñece moi ben o proceso migratorio ourensán e galego en Latinoamérica.

“El hombre blanco del río Nieva”, que relata a historia de Alfonso Graña, o “rei dos xíbaros”.

Entrevista a Carlos no xornal “La Región” onde conta a historia de Alfonso Graña:

PREMER NA IMAXE


Fai aproximadamente un ano Carlos foi elexido Presidente do Centro de Estudos Chamoso Lamas. Daquelas Badal Novas fixeralle unha entrevista que reproducimos:

NOVA PUBLICADA EN BADAL O 12 de FEBREIRO DE 2022:

Carlos Rodríguez, periodista, escritor e o último responsable de prensa do concello do Carballiño, foi elixido como o novo presidente do Centro de Estudos Chamoso Lamas. Hoxe falamos con el deste novo proxecto, e tamén do propósito de crear unha biblioteca cos libros e documentos da entidade para achegalos sobre todo ós mozos.

Ademais, Carlos tamén nos falará hoxe da súa primeira novela publicada, que verá a luz en apenas dous meses. “El hombre blanco del río Nieva”, está baseada na fantástica historia de Alfonso Graña: O rei dos xíbaros. Ao longo de 400 páxinas describe a incrible aventura deste emigrante nado en Amiudal (Avión). A novela foi unha das dez obras finalistas do Premio de Novela Fernando Lara, un dos de maior prestixio de España, en 2017.