Programación cultural da fin de semana: Festival de Habaneras e maxia na rúa

A programación cultural segue enchendo de música O Carballiño, e tamén será así esta fin de semana. Por unha banda, mañá sábado terá lugar o tradicional Festival de Habaneras que contará coa participación da Coral Polifónica Sporting Club Casino da Coruña e aAsociación Cultural Rondalla Alfaia de Cenlle e os anfitriones, aCoral do Orfeón. O músico elixido para honrar nesta ocasión no Festival das Habaneras é Juan Berná Pérez, cunha ampla traxectoria. O evento será ás 20:30 horas no Auditorio Municipal.

Tamén mañá, ás 23:30 horas, música de Rúa co ciclo “Feito no Carballiño”, neste caso co grupo IR E VIRE – Rúa Tomás María Mosquera.

AVANTAR ACTIVIDADES

E xa o domingo, ás20:00 horas, Festival mundial de ilusionismo – GALICIA ILUSIONA – MAXIA NA RÚA, na Praza Maior. E tamén, como todos os domingos, ás 19:00 horas, bailes para maiores no parque municipal.