Hoxe hai 16 casos activos por covid no Carballiño ( 1 menos ). Na comarca 23 (2 menos )

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 23 contaxiados  ( 2 menos ca onte ) e un índice por 100000 habitantes de 86  

AVANTAR ACTIVIDADES

O Carballiño conta con 16 casos a dia de hoxe, 1 menos ca onte e un índice por 100000 habitantes é de 114

 San Cristovo de Cea e Piñor contan con dous casos activos cada un , Punxín ten dous casos . Maside manten 1 caso  e Beariz, O Irixo , San Amaro e Boborás están libres de covid.

Dende este pasado venres, que se sumou O Carballiño, todos os concellos da comarca están no nivel de restricións Medio-Baixo, debido á boa evolución de baixada de casos.  

Limitación: 6 persoas no interior e dez no exterior .Entre as 3.00 e as 6.00 soamente conviventes.

Establecementos de hostalaría e restauración: Interior 75% e Terrazas: 100%.

Lecer nocturno: permitido interior ao 50% e terrazas ao 100%. Peche ás 03.00 horas.

GRÁFICO EVOLUCIÓN do covid no Carballiño de xuño a setembro