Ana Helena Chacón, Embaixadora de Costa Rica ante España, presentou na reunión mensual de ASICOTUR a situación social e de igualdade nos momentos actuáis pra celebrar o mes da muller

IES CHAMOSO LAMAS

Acodiron Delegados de 22 países de América, África, Asia e Europa.

Asociados e Delegados de ASICOTUR de 22 países e 4 continentes reuníronse este último día de marzo pra poñerse ao día das últimas novas da Asociación e atender á Excma. Embaixadora de Costa Rica ante España, doña Ana Helena Chacón, na súa disertación sobre a posición e o futuro da muller no turismo.

HIPER MASIDE

A señora Embaixadora compartiu con ASICOTUR as distintas medidas que os gobernos e autoridades turísticas poden desenvolver pra apoiar o talento feminino e o cambio en prol da igualdade de xénero: formación reglada e subvencionada que promova carreiras en turismo, educación social que garanta o reparto de coidados e aumente o tempo disponible pra dedicación profesional, e defensa da paridade a través de sistemas de cuotas de representación. A súa ponencia, centrada na súa experiencia como lexisladora en Costa Rica, deu un peche esperanzado ao mes da muller desde 2022; ano en que se espera que o turismo (e, con el, as mulleres que o traballan) se reactive definitivamente.

Pola súa parte, a directiva da Asociación compartiu con todos os asistentes o anuncio de que o I Congreso Internacional de Cooperación Turística se celebrará os días 25 e 26 de maio de 2022 en Santiago de Compostela, España, e híbridamente a través de internet. Ademais, presentouse en detalle o proxecto de Camiños Iniciáticos; do que se esperan sacar adiante diversas liñas nos próximos meses en Brasil, México, e Panamá.