O Carballiño conta con 74 casos activos de covid-19, mentres a provincia reduce a situación

A comunidade galega rexistra hoxe 928 contaxios novos. O número de casos activos descenden hoxe ata os 12.636. A ocupación das camas dos hospitais descende. Do total de pacientes positivos en Galicia, 16 (-1) están en UCI e 489 (-24) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 133 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais baixan hoxe ata os 1.511. En canto á presión hospitalaria, contamos con 67 (-5) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 4 (=)  na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Carballiño conta hoxe con 74 casos activos. Piñor conta con 13 casos, e San Cristovo de Cea con 7 contaxios, igual ca Boborás. Maside conta con seis casos, San Amaro con cinco casos, e O Irixo con 4 casos. Punxín conta con dous contaxios e Beariz cun so positivo.

As cifras seguen amosando un descenso, nunha situación na que as corentenas e restricións quedan relegadas ós casos de vulnerabilidade do paciente. O goberno de España estuda ademais a viabilidade de retirar a obrigatoriedade do uso da máscara en interiores de cara a Semana Santa.