O Novo Cine de Leiro ofrece unha dobre programación para esta fin de semana

O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira como cada semana. Neste caso ofrecerá dobre programación. Por unha banda, repite o filme “Sonic 2, la película”, que se poderá mañá venres, sábado e domingo ás 16:00 horas.

Por outra banda, proxectarase o filme “La ciudad perdida”, o venres, sábado, domingo e o luns e xoves próximos ás 18:15 horas e ás 20:30 horas. A traxectoria literaria da novelista Loretta Sage (Sandra Bullock) xirou en torno a novelas románticas de aventuras que protagoniza un atractivo mozo, Alan (Channing Tatum), un modelo que centrou a súa carreira en personificar ao aventureiro ficticio. Durante unha xira para promocionar o seu novo libro, Loretta é secuestrada por un excéntrico multimillonario, coa intención de que a autora o guíe ata o tesouro da antiga cidade perdida na que xira a súa última historia.

FESTAS EN RIBADAVIA