Datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística,
pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos
certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2022, que
foron convocadas mediante a Resolución do 9 de marzo de 2022 (código de
procedemento PL500C).

Mediante a Resolución do 9 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocáronse as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis
Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2022 (código de procedemento PL500C) (DOG núm. 54, do 18
de marzo). Segundo se recolle no seu punto terceiro, as probas terán lugar nos meses de
maio e xuño de 2022, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. Así mesmo, tamén se sinala que as datas concretas das probas serán debidamente publicadas no
Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).
De acordo con isto,
RESOLVO:
Fixar as seguintes datas de realización das probas para a obtención dos certificados de
lingua galega (Celga), convocadas mediante a Resolución do 9 de marzo de 2022:
– Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:
28 de maio de 2022, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: T, U, V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G.
29 de maio de 2022, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R e S.
– Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:
4 de xuño de 2022, para todas as persoas admitidas.
– Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:
5 de xuño de 2022, para todas as persoas admitidas.
CVE-DOG: yu8vfhc4-0ay4-sl88-zzs1-38ushafwsys9
DOG Núm. 86 Mércores, 4 de maio de 2022 Páx. 26731
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia
– Celga 1, en Santiago de Compostela:
11 de xuño de 2022, para todas as persoas admitidas.
Os centros e os horarios de realización das probas, así como as listaxes definitivas de
persoas admitidas para cada nivel e localidade, poderán consultarse na web da Secretaría
Xeral de Política Lingüística (https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias). Asi mesmo, na web tamén se publicará, na semana das probas correspondentes, a porta de acceso ao centro e mais a aula asignada a cada persoa para a realización da proba escrita.
No caso daquelas persoas ás cales, atendendo a causas xustificadas, se lles concedese
algún tipo de adaptación ou apoio, a Secretaría Xeral de Política Lingüística comunicaralles directamente o día, a porta de acceso e a aula correspondentes.
Respecto da proba oral de cada nivel Celga, lémbrase que esta terá lugar o mesmo día
que a proba escrita. A hora concreta en que cada persoa deberá estar presente para realizar esta proba publicarase no centro correspondente, así como na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, unha vez que remate a proba escrita.
Co fin de garantir un desenvolvemento seguro de todo o proceso, todas as persoas que
se presenten a estas probas deberán respectar as medidas que exixan e/ou recomenden
as autoridades sanitarias segundo a evolución da pandemia da COVID-19 e que, de ser o
caso, se publicarán na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Santiago de Compostela, 25 de abril de 2022
Valentín García Gómez
Secretario xeral de Política Lingüística

AVANTAR ACTIVIDADES