A comarca do carballiño reduce o número de desempregados en abril ata os 1.384

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O mes de abril supuxo en Galicia unhas cifras de crecemento de emprego que non se vían dende verios anos atrás. Na comarca do Carballiño, a tendencia deste ano segue a ser a creación de emprego. En abril, a comarca reduce a cifra de parados en 22 persoas, ata os 1.384. O concello do Carballiño é o que máis empregos creou, 24, ata reducir os desempregados ata os 806. Os demais concellos presentan estabilidade con respecto ó pasado mes.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

No Ribeiro, pola contra, este mes o balance presenta un leve incremento do desemprego, con dúas persoas máis, ata o total de 799 persoas. Ribadavia é o concello que máis parados suma este mes, con sete máis, para contar con 289. Pola contra, Castrelo de Miño reduce a súa cifra en cinco persoas, o máximo da comarca en abril.