O presidente da Deputación recolle o premio da Cultura Galega a San Pedro de Rocas: “Da man da Xunta seguiremos avanzando na súa protección, preservación e difusión”

Entrega dos premios da cultua galega 2021 en Copostela. Os premiados son: Premio Artes Escénicas a Nova Galega Danz, entrega Rosario Álvarez e recolle Iván Villar Agulleiro; Premio Artes Plásticas a Anrtonio Pulido, entrega Miguel Santalices; Premio de Letras a Bernardino Graña, entrega Xose A. Sanchez e recolle Fina Casalderrey Frana; Premio Patrimonio Cultural ó Mosteiro de San Pedro de Rocas, entrega Mamuel Quinana e recolle Manuel Baltar; Premio Musica a Natalia Lamas Vazquez, entrega Tania Fernandez Lombao; Premio Proxección Exterior a Federación de Asociacións Galegas na República Arxentia, entrega María Gacía-Alén e recolle Diego Martínez Duro; Premio Lingua a "Digocho eu", entrega Román Roddríguez e recolle Esther Estévez e Rosa Vilas; Premio Audiovisual a Zaza Ceballo, entrega Alberto Núñez Feijoo

Manuel Baltar agradeceu en Santiago este recoñecemento e garantiu o máximo compromiso co mosteiro de San Pedro de Rocas, a través de accións coma a “loita pola declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade” ou o Plan Destino Turístico Intelixente liderado pola Deputación

San Pedro de Rocas, que celebrará en 2023 o centenario da declaración de patrimonio nacional, é para o presidente da Deputación “un lugar de altísimo valor antropolóxico, histórico e cultural”, que “grazas ao AVE está a so dos horas e media de Madrid”

AVANTAR ACTIVIDADES

Tamén foron premiados os ourensáns Antón Pulido -na modalidade de artes plásticas- e a xornalista Esther Estévez, na categoría de lingua polo programa da TVG “Dígocho eu”

O auditorio do Centro Galego de Arte Contemporáneo acolleu un acto que contou coa presenza, entre outros, do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o conselleiro de Cultura en funcións, Román Rodríguez ou o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recolleu esta mañá en Santiago de Compostela o premio da Cultura Galega 2021 ao mosteiro de San Pedro de Rocas, en Esgos, na categoría de Patrimonio Cultural, dentro do acto de entrega destes premios impulsados pola Xunta para distinguir a labor creativa en Galicia. 

Manuel Baltar, que estivo acompañado no acto polo alcalde de Esgos, Mario Rodríguez, recibiu o galardón da mans do presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana, durante o acto celebrado no auditorio do Centro Galego de Arte Contemporáneo. Un acto que contou coa presenza, entre outros, do presidente da Xunta de Galicia en funcións, Alberto Núñez Feijóo; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o conselleiro de Cultura en funcións, Román Rodríguez; o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo ou a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez Blanco. 

Na súa intervención, o presidente da Deputación agradeceu o premio, “primeiro porque Rocas é de titularidade provincial pero, sobre todo, porque creo que é patrimonio da humanidade. Por iso estamos loitando ante á Unesco para a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial. E dentro desta xoia natural, San Pedro de Rocas é o conxunto máis visitado”.

Manuel Baltar sinalou o “orgullo, como presidente da Deputación e tamén como concelleiro de Esgos”, de recibir un recoñecemento a este conxunto histórico, “que ten o seu orixe no século VI e que, como puidemos ver na exposición ‘In Tempore Sueborum’, era un lugar relevante na Gallaecia sueva, o primeiro estado de Europa segundo moitos historiadores. E no ano 2023 celebraremos o centenario da declaración do mosteiro como patrimonio nacional”. 

O presidente da Deputación reafirmou o firme compromiso do goberno provincial con Rocas: “Da man da Xunta, seguiremos coa súa protección, preservación, difusión… No ano 2022 implementaremos o Plan de Destino Turístico Intelixente -so catro provincias en España-, e Rocas estará aí, no lugar relevante que merece. E fai semanas vimos de inaugurar esa condición de territorio mellor conectado de Galicia. Calquera persoa dende Madrid pode estar a dúas horas e media de Esgos, para visitar este lugar, de altísimo nivel antropolóxico e máxico”. 

Manuel Baltar tamén defendeu a lingua galega como o “noso maior tesouro, como di o artigo 5 do Estatuto de Autonomía”, a piques de celebrar o Día das Letras Galegas, adicado este ano ao ourensán Florencio Delgado Gurriarán, “nado en Córgomo, Vilamartín de Valdeorras, que publicou en ‘Nós’, en ‘A Nosa Terra’, que tivo unha importante traxectoria de compromiso co Partido Galeguista e que contribuíu a crear ‘Vieiros’, esa revista tamén impulsada por Carlos Velo, de Cartelle, e Luis Soto, de A Bola”. 

Un recoñecemento á importancia de San Pedro de Rocas

O presidente da Xunta de Galicia en funcións, Alberto Núñez Feijóo, que pechou o acto antes da interpretación do himno galego, felicitou na súa intervención ao presidente da Deputación por “presumir da Ribeira Sacra e de Rocas”. Feijóo reivindicou a importancia da cultura galega e as políticas públicas implementadas dende a Xunta neste eido. 

O xurado dos Premios da Cultura Galega 2021 recoñeceu con este premio na modalidade de patrimonio cultural ao mosteiro de San Pedro de Rocas, definíndoo como o conxunto cenobítico máis antigo de Galicia e un singular exemplo de igrexa rupestre, escabada na rocha viva na Ribeira Sacra. Sinala o xurado  sobre o mosteiro da parroquia de Rocas, en Esgos, que “é o único cenobio que mostra pegadas e elementos materiais que denotan a máis antiga vida eremítica do noroeste peninsular e que, ademais, evidencia culto pagán prehistórico, precedendo en varios séculos ao culto cristián, pegadas, restos arqueolóxicos e materiais que se conservaron ao longo do tempo”. 

Premio aos ourensáns Antón Pulido e Esther Estévez 

Ademais de San Pedro de Rocas, nesta edición dos premios da Cultura Galega foron recoñecidos os ourensáns Antón Pulido -na modalidade de artes plásticas, entregándolle o premio o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices- e a xornalista Esther Estévez, na categoría de lingua, que recolleu o premio xunto a Rosa Vilas, responsable da TVG. 

Entre o resto de premiados nun acto que foi presentado e conducido por Emilio Guillín, Nova Galega de Danza recibiu o premio na modalidade de artes plásticas, Bernardino Graña foi recoñecido na modalidade de letras -recolleuno no seu nome Fina Casalderrey-; Natalia Lamas, na modalidade de música e a Federación de Asociaciones Gallegas de la República Arxentina, en proxección exterior, recolleuno o seu presidente, Diego Martínez. 

Premios para distinguir a labor creativa de Galicia

Con estes galardóns, a Xunta de Galicia premia “un ano máis o labor creativo de Galicia e a súa expansión nos novos espazos que se abren na actualidade en diferentes ámbitos. Recoñécese a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección da construción cultural de Galicia”.

No xurado deste premio formaron parte en 2021 o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella; o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez Blanco; o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo; o director do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, Xulio Rodríguez; a directora de programas da Radio Galega, Tania Fernández; a directora e editora de Hércules de Edicións, Laura Rodríguez e a historiadora da Arte e comisaria de exposicións, María García-Alén.