A Xunta recupera as prazas pre-pandemia para o verán na Residencia de Tempo Libre

A Xunta duplicou este ano as prazas para gozar dun verán en familia nas Residencias de Tempo Libre de Panxón e O Carballiño ata un total de 2.000. O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe a convocatoria para que as familias desfruten dunhas vacacións en familia en xullo, agosto e setembro.

O pasado ano o Goberno galego limitou o aforo nestas estancias pola covid-19. Este ano a situación epidemiolóxica permite recuperar os niveis de ocupación de anos anteriores. O prazo para solicitar praza abrirase este venres e será de 10 días hábiles, é dicir, ata o 2 de xuño.

AVANTAR ACTIVIDADES

As familias de especial consideración como as familias numerosas, as monoparentais, as familias acolledoras ou as vítimas de violencia machista terán acceso prioritario a algún destes lugares.