O PsdeG de Ourense vén de detectar varios casos de preceptores de pensións española e estranxeira na que á prestación española non se lle realiza a retención do IRPFV

O secretario provincial de migracións, Luís Gulín, explica que na “totalidade” dos casos a pensión de “maior contía” é a estranxeira, sendo a española inferior, “nunha media de 300 a 400 euros ao mes”

Segundo o responsable da área de migracións esta “é unha das causas pola que os afectados tiñan elevados pagos a realizar nas declaracións da renda e nunca emendaron dita situación”

AVANTAR ACTIVIDADES

A secretaría provincial de migracións do PSdeG-PSOE de Ourense continúa coa súa labor de asesoramento aos colectivos de emigrantes retornados con motivo da presentación da declaración da renda 2021 e tamén no relativo as pensións. O secretario provincial desta área, Luís Gulín, vén de detectar varios casos de preceptores de pensións estranxeiras e pensións españolas á vez, onde á prestación española non se lle realiza a retención do IRPF.

Gulín explica que na “totalidade” dos casos a pensión de “maior contía” é a estranxeira, sendo a española inferior, “nunha media de 300 a 400 euros ao mes”, e todas a percibir desde finais dos anos 90. Segundo o responsable da área de migracións do PSdeG-PSOE ourensán esta “é unha das causas pola que os afectados tiñan elevados pagos a realizar nas declaracións da renda e nunca emendaron dita situación”.

Desde a secretaria provincial de migracións ínstase aos emigrantes retornados con pensións españolas a “verificar” se no xustificante anual, que envía o INSS para a declaración da renda, vén especificado tamén a retención do IRPF. “En caso contrario hai que pórse en contacto coa oficina da seguridade social máis próxima para solicitar voluntariamente unha aplicación de retención a efectos de IRPF”, apunta Luís Gulín, que tamén subliña que “aplicado un mínimo dun 2 por cento, nunha pensión de 400 euros mensuais pode supor unha retención de 8 euros mensuais”.

Dende o PSdeG-PSOE de Ourense tamén informan que “unha vez solicitado hau que mantelo durante todo o ano fiscal” e fan fincapé en que en decembro “pódese comunicar para o ano fiscal 2023 se se quere manter, diminuír ou incrementar a retención”. Neste senso tamén explican que “dúas pensións de ao redor de 15.000 euros anuais de ingresos, ambas as sen retención IRPF, saían a pagar entre 400 a 600 euros de media na declaración da renda”. Desde a secretaria provincial de migracións aconséllase consultar coas xestorías ou asesorías correspondentes.