Este xoves día 26 a A.C. Avantar orgaiza o “Roteiro Manuel María”

IES CHAMOSO LAMAS

Desde a Agrupación Cultural Avantar do Carballiño, queremos facervos participes da actividade programada para o xoves 26 de maio e o xoves 9 de xuño .Como tódolos anos programamos a homenaxe a Manuel María, compañeiro escritor e poeta sempre vinculado a nosa vila. A través do” Roteiro Manuel María” ,percorrido polos enclaves na vila do Carballiño onde se poden ver os fitos nos que se escriben os seus poemas  do libro CANTIGUEIRO DE ORCELLÓN.