O concello de Ribadavia aumenta o servizo de conciliación.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello de Ribadavia aprobou a ampliación do servizo de conciliación, favorecendo a Conciliación familiar e laboral dos nosos veciños, ao mesmo tempo que se ofrece un programa educativo e lúdico para o alumando. 
A intención é comezar o servizo co inicio do curso escolar en setembro, para o cal estamos en diálogo coa comunidade educativa, ofrecéndose tamén a posibilidade de comezar xa neste final do curso actual.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello quere ampliar este servizo, ata o de agora denominado de familias madrugadoras con horario de 8 a 9h da mañá, para agora aumentar o servizo pola tarde, coa proposta horaria de 15h a 16.30h, reforzando así a conciliación familiar e laboral dos veciños de Ribadavia.
O Concello de Ribadavia continúa cun proceso activo de diálogo coas direccións do CEIP Plurilingue Ribadavia e CRA Amencer e coas representantes das ANPAS, e froito da demanda das familias ven de aprobar na Xunta de Goberno do 20 de maio, unhas bases para ampliación da conciliación durante o horario de tarde (15:00-16:30h).
O servizo de conciliación de tarde poderá ser utilizado por todas as familias que o necesiten dos colexios de Ribadavia, tanto CRA como CEIP. As solicitude para este servizo realizaranse no Dpto. de Servizos Sociais do Concello de Ribadavia.
Este servizo de conciliación en horario de tarde comezará a primeiros do mes setembro, tal e como nos teñen solicitado nais e pais dos centros educativos, será o día que comece o curso lectivo 2022/23. Ademais, desde o Concello abrimos a posibilidade para comezar o servizo xa o 1 de xuño, se así o demandaran as familias neste final de curso. 
Ribadavia, un lugar para vivir.Ribadavia pretende destacar coma un concello cunha gran oferta de servizos públicos, favorecendo a conciliación da vida laboral e familiar dos pais e nais, sendo ao mesmo tempo un mecanismo para situar a Ribadavia como unha sociedade na que se poidan asentar novas familias, e tamén fidelizando poboación no nosos municipio.