The James Hunter Six chega este sábado ao Teatro Principal dentro do ciclo Xacobeo Importa e co apoio da Deputación

IES CHAMOSO LAMAS

O vicepresidente segundo do goberno provincial, César Fernández, resaltou  na presentación do concerto a importancia de acoller citas culturais deste nivel, que “serven para posicionar á provincia e a Ourense, funcionando de polo de atracción turístico”

Durante a rolda de prensa destacouse o retorno económico do concerto, con entradas vendidas en toda España -principalmente Madrid, a pouco máis de dúas horas grazas ao AVE- e Portugal

OFERTA DE TRABALLO EN AVIÓN

O Teatro Principal de Ourense acollerá este sábado, día 28 de maio, o concerto da banda británica The James Hunter Six (21,00 horas). O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participou esta mañá na presentación do concerto, enmarcado no ciclo Xacobeo Importa e que conta co apoio da Deputación, e na que tamén interviron a directora de Sweet Nocturna e promotora do Ciclo, Raquel Seijo; o xefe territorial da Delegación da Xunta, Manuel Pardo; e a directora do Teatro Principal, Olga Mojón.

Este evento está alineado dentro da misión das administracións públicas de “dotar á cidadanía de cultura de calidade, unha labor “esencial”, salientou César Fernández. O vicepresidente segundo manifestou tamén a súa ledicia por recuperar este tipo de eventos presenciais e avanzar cara a normalidade dos eventos culturais despois da pandemia, “porque a vida sen cultura sería moi difícil de entender”. 

Fernández remarcou a importancia de acoller este tipo de eventos no Teatro Principal, xa que este tipo de actividades, explicou, “serven para que a provincia e a cidade acaden un posicionamento referencial no exterior nun contexto no que estamos cerca de todo o mundo, funcionando de polo de atracción turístico”. Un punto resaltado pola propia directora do Teatro Principal, Olga Mojón. 

Raquel Seijo, promotora do ciclo Xacobeo Importa, destacou o perfil dos artistas que participan nos concertos programados, e que se reparten por toda a xeografía galega: “Son concertos especiais, repartidos en todo o ano e que atraen artistas de xéneros diferentes, e centrados na calidade das distintas propostas”. Tamén celebrou a cooperación institucional na organización deste ciclo de concertos, que nesta ocasión cumpre a súa undécima edición, cambiando o habitual nome de Galicia Importa por Xacobeo Importa pola relevancia que ten dita celebración.

Manuel Pardo, xefe territorial da Xunta de Galicia en Ourense, considerou un pracer ter a oportunidade de escoitar no Teatro Principal “unha boa música nun espazo cunha acústica incrible”. Pardo tamén subliñou a colaboración da Deputación de Ourense neste tipo de evento, “un aliciente importante de dinamización económica e promoción do territorio”

Durante a rolda de prensa destacouse a presenza de asistentes de fora de Galicia, especialmente de Madrid -a pouco máis de dúas horas grazas ao AVE- ou Portugal. “O concerto, seguro, será un gran éxito”, resumiu Olga Mojón. 

Un referente no soul

James Hunter percorreu durante os últimos 30 anos grandes recintos e actuou de man de artistas do nivel de Van Morrison. En 2006 foi o gañador do Grammy ó Mellor Álbum Tradicional de Blues e o American Music Award ó Artista Emerxente. Dez anos despois foi recoñecido coma mellor cantante de soul de Reino Unido pola prestixiosa revista “Mojo”. O 14 de febreiro deste ano, o grupo presentou o seu último traballo, “With Love, The James Hunter Six”, unha serie de baladas románticas que poderán ser disfrutadas este sábado no Teatro Principal.