Galicia será a primeira comunidade de España na que a educación infantil será 100% gratuíta

A educación infantil gratuíta contribuirá á economía do fogar, cun aforro medio anual de entre 1.500 e 2.000 euros de media por fillo. Galicia será a primeira comunidade de España na que a educación infantil será 100% gratuíta, xa sexa en centros públicos, privados ou de iniciativa social.

Esta iniciativa suporá un orzamento anual de 50 millóns de euros e beneficiará a máis de 30.000 nenos, o titular do Goberno galego asegurou que este esforzo investidor non pode chegar nun momento máis necesario, no que os prezos volven subir.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Executivo galego seguirá apostando polas familias, con iniciativas como as casas niño para dar servizo aos pequenos concellos -actualmente están en servizo 89 e está a piques de resolverse unha nova convocatoria, que permitirá chegar a 100-; o Vale de Atención ou a Tarxeta de Benvida.