Descende o paro rexistrado e aumenta a afiliación á SS e a precariedade segue instalada na contratación

Ourense rexistrou unha caída do paro rexistrado de 577 persoas e un incremento da afiliación á SS de 682.

Un terzo dos contratos asinados foron por tempo indefinido, e os outros dous terzos fórono temporais.

AVANTAR ACTIVIDADES

Non é para botar foguetes, pero, en aparencia, os datos semellan positivos.

Non obstante, hai que salientar dous aspectos importantes:

  • Preto do 70% da diminución do paro queda absorbido polo sector servizos (397 dun total de 577) o que reforza a idea de debilidade do sector produtivo.
  • Seis de cada dez contratos indefinidos sono a tempo parcial (23,9%) ou fixos descontinuos (36,21%) o cal di moito do nivel de precariedade. Indefinido si, pero precario tamén.

Se a isto lle engadimos que, ao seguir sendo fácil e barato o despedimento, a situación de inseguridade e volatilidade do emprego segue a ser a mesma que antes da Reforma Laboral.

Somo plenamente conscientes de que hoxe en día ter traballo, aínda con contrato indefinido, xa non é equivalente a chegar a fin de mes. Os Bancos de Alimentos alertaban nestes días que cada día que pasa acoden a eles persoas que nunca antes o tiñan feito, e que en moitas ocasións teñen ocupación laboral.

Compre pois reverter a situación. Derrogar as Reformas Laborais e das pensións, apostar por un sistema produtivo non dependente do sector servizos, e por empregos de calidade con salarios dignos.

Desde a CIG seguiremos mantendo estas nosas reivindicacións e así o defenderemos nos convenios colectivos e nos foros nos que esteamos presentes.