Ribadavia organiza a primeira edición do concurso de decoración de balcóns.

Denominarase “I Concurso FlorAvia”, e marcase como obxectivo fomentar o embelecemento de Ribadavia a través da decoración con flores de Balcóns, fachadas e portas, tanto de Casas como de establecementos.

Desde o Concello facemos un chamamento a veciñanza a participar pois quen gañará será Ribadavia. A exposición de balcóns será do 25 de xuño ao 10 de xullo, período no que o tribunal realizará fotografías e valorará os participantes.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Inscrición comezará o vindeiro 6 xuño e o prazo durará ata o 23 xuño.

– Concurso de decoración tanto para casas como para os establecementos comerciais e hostaleiros.

Poderán optar coa decoracións de Balcóns, ventás, fachadas, así como portas e portais, sempre que sexan visibles desde a rúa.

– Valoración de composicións florais de exterior, decoración de xanelas e balcóns, de portas e portais.

– Presentación: Presentarase preferiblemente a través de medios electrónicos, sede electrónica do Concello, dirección de correo electrónico, concursofloravia@ribadavia.es , ou na Oficina do Rexistro do Concello ou, en su defecto por calquera de las formas previstas na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Prazo de inscrición: Do 6 xuño ata as 13,00 horas do 23 xuño de 2022.

– A EXHIBICIÓN AO PÚBLICO: Os balcóns e fachadas participantes deberán exhibirse ao público durante un período mínimo comprendido entre o 25 de xuño e o 10 xullo de 2022, ambos inclusive.

– PREMIOS

Un primeiro premio dotado de: 100 euros.

Un segundo premio dotado de: 75 euros.

Un terceiro premio dotado de: 50 euros.

3 Accésit dotados de: 25 euros cada un.

Os Premios serán en cheques regalo para trocar no comercio local de Ribadavia.

Valorarase: O uso de flores, plantas, elementos vexetais, así como outros elementos decorativos reciclados, para engalanar os balcóns, portas e xanelas.