A Xunta investirá preto de 162.000€ na reforma da instalación eléctrica do CIFP a Farixa

IES CHAMOSO LAMAS
  • O  delegado territorial explicou que as reformas a realizar na instalación eléctrica existente no CIFP A Farixa é necesaria para adaptala ás necesidades actuais do Centro

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse esta mañá ao CIFP A Farixa de Ourense para anunciar a licitación das obras de reforma da instalación eléctrica en baixa tensión para a adecuación de cadros, proteccións e liñas eléctricas ás que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade vai destinar 161.994,32 €.

O delegado territorial explicou que as reformas a realizar na instalación eléctrica existente no CIFP A Farixa é necesaria para adaptala ás necesidades actuais do centro, dotala dunha maior seguridade ante fallos eléctricos tanto para as instalacións como para as persoas.

O CAMPO DA FEIRA NON SE PECHA

Gabriel Alén sinalou que as principais actuacións que se levarán a cabo consistirán na reforma e adecuación de cadros eléctricos con aproveitamento da aparamenta existente, a redistribución de liñas existentes, a realización de novos cadros eléctricos, a adecuación de tomas de terra, a tirada de novas liñas eléctricas para alimentación de cadros e subcadros, a selectividade e axuste de proteccións en liñas eléctricas e a localización de novas emerxencias en zonas nas que se precisan.