Aberto o prazo de presentación de orixinais ao XIX Premio Pura e Dora Vázquez de narración e ilustración

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os textos que opten ao certame de narración poderán rexistrase ata o 20 de xullo. Unha vez seleccionada a obra gañadora, os ilustradores que opten ao premio na modalidade gráfica poderán presentar as súas propostas entre o 30 de xullo e o 30 de setembro

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ata o próximo 15 de xuño tamén permanecerá aberto o prazo para presentar solicitudes ao concurso de selección de obras para a súa edición ou coedición por parte da Deputación

A Deputación de Ourense vén de abrir o prazo de presentación de orixinais ao XIX Premio Pura e Dora Vázquez, nas súas modalidades de narración e ilustración, así como tamén para o concurso de selección de obras que serán editadas ou coeditadas pola Deputación.

Polo que respecta ao certame das irmáns Pura e Dora Vázquez, o prazo de presentación de traballos na modalidade de narración permanecerá aberto ata o próximo 20 de xullo. Poderán optar a este galardón traballos orixinais de temática libre, sempre adaptada ao público infantil e xuvenil, redactados en lingua galega e inéditos. 

Para a categoría de ilustración o prazo abrirase o 30 de xullo e rematará o 30 de setembro. Os orixinais presentados servirán para ilustrar o texto premiado no certame de narración. Ambos os premios están dotados cunha contía económica de 1.500 euros. As bases poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia do 1 de xuño (nº 124).

Aberto o prazo para presentar a solicitude ao concurso de selección de obras para a súa edición ou coedición pola Deputación

No mesmo BOP poden consultarse tamén as bases reguladoras do concurso de selección de obras para a súa edición ou coedición por parte da Deputación no presente ano. Neste caso o prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o próximo 15 de xuño. As bases establecen dúas liñas de edición; obras referidas ao estado dos bens culturais específicos da provincia (patrimonio artístico, arquitectónico, etnolóxico e arqueolóxico) e, por outra banda, estudos históricos, científicos, xurídicos, obras artísticas, literarias e compilacións de traballos publicados en medios de comunicación.