Está aberto o prazo para poder inscribirse no seminario online “Como concienciar á plantilla sobre a ciberameaza existente? O factor humano como clave da ciberseguridade”, que se celebrará o 15 de xuño ás 18,00 horas. O curso tratará sobre o concepto de ciberseguridade e os posibles riscos e ataques que se poden dar, así coma posibles solucións ante este tipo de ataques e as vantaxes de ter formación en este eido.
A “webinar” está enmarcada no contexto do grupo de traballo de cidadanía-empresas do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas a colaboración de Adenda e da Deputación de Ourense, entidade fundadora de CIBER.gal.
A sesión realizarase vía zoom e as inscricións poderán realizarse a través do seguinte enlace: https://zoom.us/webinar/register/WN_kef8AbrZSjSGKkinSwtTYg