O BNG desexa unha pronta recuperación á muller vítima da caída dunha árbore esta mañá na contorna das Burgas e reclama ao Goberno PP-DO a adopción de medidas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Desde a formación nacionalista critican o desleixo do actual Goberno Local pola falla de mantemento e volven reclamar, como xa fixeran no seu día, a elaboración dun catálogo arbóreo

Desde o Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense desexan unha pronta recuperación á muller alcanzada este mediodía pola caída dunha árbore na contorna das Burgas, concretamente ao carón da ponte murallón.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Até o lugar do suceso trasladouse o portavoz nacionalista Luis Seara, quen puido comprobar o estado na que dita árbore se atopaba, totalmente seca e oca por dentro o que revela, segundo Seara, “o nulo control e interese por parte do Goberno Local no que atinxe ao estado de conservación e mantemento da masa arbórea do concello”.

Seara lamentou o sucedido lembrando que “estamos nunha das zonas máis visitadas e transitadas da cidade, o lugar turístico por excelencia e o estado no que se atopa dista moito de ofrecer a mellor imaxe de Ourense”.

No BNG insisten unha vez máis, e tal e como xa fixeran no seu día tanto en pleno como en Xunta de Área de Medio Ambiente, na necesidade de que o concello contrate a elaboración dun catálogo arbóreo onde aparezan recollidas todas e cada unha das árbores da cidade, o seu estado de conservación, as tarefas de mantemento a desenvolver e mesmo a idoneidade da súa ubicación.