Piñor acolleu a quinta edición do Enduro-Copa Deputación esta fin de semana

O quinto Enduro de Piñor-Copa Deputación, foi todo un éxito, organizado de novo polo Moto Club A Peroxa. A competición, celebrada esta pasada fin de semana, está enmarcada dentro da Liga Galega de Moto de Campo e contou con tres modalidades diferentes dentro da categoría de “Hard enduro”, ademais dunha modalidade para os máis pequenos.

Sendo xa un referente dentro do mundo do motor, a cita volveu reunir a un gran número se asistentes, con máis de 130 participantes desfrutando destes dous circuítos pechados. Falamos onte con algúns dos seus participantes, afeccionados a esta disciplina e tamén procedentes doutras zonas de Galicia, todos atraídos pola boa sintonía deste evento.

AVANTAR ACTIVIDADES

Entre os competidores, moitas caras coñecidas nesta disciplina, entre elas os clásicos Julio Pardo e Abel Carballés, con quen tamén puidemos falar antes do comezo da carreira sobre a súa participación no campionato de España.