A Deputación reforza a súa colaboración coa Denominación de Orixe Monterrei

Reunion Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con Lara Dasilva (Presidenta da DO Monterrei).

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, mantivo un encontro coa presidenta do Consello Regulador desta DO, Lara da Silva, no que se abordaron as liñas de cooperación abertas entre ambas entidades

Manuel Baltar resalta a importancia do sector vitivinícola na provincia e enmarca este apoio económico na “cooperación contundente” que a Deputación mantén dende fai anos cos consellos reguladores ourensáns

AVANTAR ACTIVIDADES

O presidente da Deputación sinala que este novo acordo axudará a seguir traballando en aspectos promocionais, “unha ferramenta para axudar as adegas a abrir mercado e seguir reforzando a visibilidade da DO”

Ourense, 7 de xullo de 2022.- A Deputación de Ourense reforza a súa colaboración coa Denominación de Orixe Monterrei. Así o avanzou o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, despois dun encontro coa titular do Consello Regulador desta DO, Lara da Silva, enmarcando este apoio na liña de colaboración aberta dende hai anos entre ambas entidades. A achega económica irá destinada a gastos de funcionamento do Consello Regulador e para actividades de promoción da Denominación de Orixe. 

Manuel Baltar afirma que o sector vitivinícola, “é unha das mellores divisas do agroalimentario ourensán. E neste eido Consello Regulador da Denominación de Orixe (CRDO) Monterrei está despregando unha forte actividade. Con actividades coma a súa Feira do Viño, construída arredor das bodegas incluídas nesta DO, unha das catro que ten a provincia de Ourense”. 

O presidente da Deputación sitúa esta colaboración dentro da relación cos consellos reguladores ourensáns: “Un apoio contundente, dende fai anos, traducido nunha liña específica. Agora, este novo acordo é para seguir co seu bo traballo e en aspectos promocionais, con ferramentas que axuden as adegas a abrir mercados e seguir reforzando a visibilización da DO Monterrei, sen dúbida unha das que teñen mellor futuro de España”. 

Pola súa banda, a presidenta do CRDO Monterrei resaltou a “firme colaboración” do goberno provincial: “Coma sempre, estamos moi agradecidos coa Deputación, polo seu apoio a esta DO e a todo o sector vitivinícola”. Lara da Silva resalta o feito de que “a Deputación, e nominalmente o seu presidente, Manuel Baltar, sempre están aí, para escoitar as nosas necesidades e colaborar en todo o posible, dende apoiar as nosas actividades ata o impulso á nosa nova sede”.