Espazo Común critica que o Concello siga sen un Plan Municipal de incendios

IES CHAMOSO LAMAS

NOTA INFORMATIVA DE ESPAZO COMÚN

O carballiño segue sen contar cun Plan Municipal de incendios a pesar de ser obrigatorio por lei

O CAMPO DA FEIRA NON SE PECHA

O alcalde Fumega leva tres anos respostando a preguntas de Espazo Común en pleno case tódolos meses cun “xa case está”.

A irresponsabilidade de chegar tódolos anos a estas datas sen planificación algunha supón un serio perigo para moitos núcleos de poboación.

Un ano máis asistimos atemorizados a terribles imaxes dos lumes asolando Galicia polos catro costados. Desgraciadamente, o sistema económico e político que impulsa e promove un abandono paulatino das terras, conleva que as lapas campen ás súas anchas polos montes e, cada vez máis, achegándose a pobos e aldeas.

Pero como acontece en case todo, hai lugares máis preparados ca outros para facer fronte a calquer continxencia. Por iso, hai un enorme número de concellos na comunidade autónoma que xa dispoñen dun Plan Municipal de Prevención e Defensa de Incendios.

Esta ferramenta que ademáis é obrigatoria por Lei, permite aos concellos que a teñen vixente, un maior control das masas forestais, así coma a fixación de franxas de protección que posibiliten minimizar os riscos no entorno dos núcleos de poboación.

A triste e crúa realidade é que aquí estamos un ano máis en pleno verán, cun risco extremo de incendios e, lamentablemente, O Carballiño non a ten.

Espazo Común leva demandando que se elabore dende o ano 2019, incluso coa presentación dunha moción en xullo do 2020. A maiores levamos, a modo de pregunta, un recordatorio a case tódolos plenos destes tres anos e a resposta de o alcalde Fumega é sempre a mesma: “xa case está”.

Unha grave irresponsabilidade que trascende as patochadas ás que nos ten acostumados o goberno do PSOE. Agardemos que a sorte nos siga acompañando e non haxa que lamentar incidente algún.

E, sobre todo, demandamos responsabilidade ao equipo de goberno para a elaboración urxente do Plan.