A Deputación e o Concello de Porqueira executan novas liñas de cooperación en abastecemento e mellora de vías

Visita Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) ó concello de Porqueira acompaado da súa alcaldesa Susana Vázquez Dorado e do resto da corporación municipal.
IES CHAMOSO LAMAS

Manuel Baltar avanzou á alcaldesa deste municipio, Susana Vázquez, o apoio do goberno provincial á pavimentación de varias rúas e no abastecemento do núcleo da Filgueira

Despois da reunión de traballo, o presidente do goberno provincial e a rexedora visitaron os resultados da primeira fase de humanización do núcleo de San Lourenzo, realizada co apoio da Deputación ao igual ca ampliación da residencia de maiores

HIPER MASIDE

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou a localidade de Porqueira, reuníndose no Concello coa súa alcaldesa, Susana Vázquez, e parte do equipo de goberno municipal. 

Na xuntanza abordaron aspectos de cooperación interadministrativas, garantindo Manuel Baltar á rexedora o apoio da administración provincial á pavimentación de varias rúas da localidade e no proxecto de abastecemento do núcleo da Filgueira. Entre outros temas, Susana Vázquez tamén resaltou o rexeitamento do goberno ao actual deseño do proxecto do parque eólico Lamas de Feás, contra o que o Concello de Porqueira alegará na fase de exposición pública. 

Despois da reunión, Manuel Baltar e Susana Vázquez visitaron o resultado da primeira fase da humanización do núcleo de San Lourenzo, realizada co apoio da institución provincial. “Esta obra é unha boa proba da cooperación entre a Deputación e o Concello de Porqueira”, sinalou o presidente da Deputación, definindo a actuación como “unha das tantas que fumos quen de executar nos últimos tempos e das que faremos no futuro. Porque Porqueira, o seu goberno, a súa alcaldesa, son unha fonte inagotable de novos prantexamentos en tódolos eidos”. 

O presidente da Deputación de Ourense destacou que “Porqueira é un referente na Limia e polo tanto da provincia, este é un concello polo que paga a pena”, avanzando novas liñas de cooperación: “A Deputación seguirá sendo a máis fiel colaboradora deste municipio, cooperando para poñer en marcha novos proxectos dinamizadores e para activar novas infraestruturas públicas que garantan os mellores servizos públicos para os veciños”. Proxectos, explicou, como a ampliación da residencia de maiores de Porqueira, que se inaugurará proximamente cunha achega por parte da Deputación de 175.000 euros. 

Pola súa banda, a alcaldesa agradeceu a colaboración da Deputación e de Manuel Baltar con Porqueira: “Sen a súa axuda non serían posibles obras como esta humanización ou a ampliación da residencia de maiores, proxectos importantísimos para os veciños como a multitude de obras que se fixeron ou se farán neste concello coa axuda da Deputación”.