A deputada Patricia Torres substitúe a Armando Ojea como membro da Xunta de Goberno da Deputación

IES CHAMOSO LAMAS

O deputado presentou esta mañá un escrito manifestando a súa vontade de deixar de formar parte deste órgano de goberno 

 A deputada Patricia Torres substitúe a Armando Ojea como membro da Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, despois de que este presentase esta mañá no Rexistro Xeral un escrito manifestando a súa vontade de deixar de formar parte deste órgano de goberno. Ante esta decisión, a Presidencia estima oportuno proceder á remodelación da composición deste órgano, cesando a Armando Ojea e nomeando no seu lugar á deputada Patricia Torres. 

OZOCOgz Deseño Galego

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense queda integrada polos seguintes deputados: Rosendo Fernández, Jorge Pumar, Plácido Álvarez, Ana Villarino, Luz Doporto, Pablo Pérez, César Fernández e Patricia Torres