As Xociviga enchen a fin de semana de cine, e pechan o domingo tamén con música

IES CHAMOSO LAMAS

As Xociviga seguirán enchendo de cine esta fin de semana, ata o próximo domingo, cando porán o broche final a unha nova edición.

Esta tarde será a quenda “La voluntaria”, ás 19:00 horas no auditorio. Esta noite aínda están a tempo de chegar ás 23:00 horas, no anfiteatro da Veracruz, ó filme “Jacinto”.

OZOCOgz Deseño Galego

Para a xornada do sábado, comezamos con cine infantil, ás 11:00 horas, no auditorio Manuel María, ca película “Valentina”, premiada nos Goya na categoría de animación. Pola tarde, ás 19:00 horas, tamén no auditorio, “Cinco lobitos”, filme deste 2022. E xa pola noite, ás 23:00 horas, no anfiteatro da Veracruz, “Malencolía”, filme rodado na nosa contorna.

O domingo será a xornada final, centrada no concurso de curtas, ca proxección das nominadas ás 18:30 horas no auditorio. Ás 22:30 horas farase a entrega de premios ós gañadores no entorno da Veracruz e despois haberá música, primeiro da man de “Abuela te quiero”, seguidos de “Eme Dj”.