O concello do Carballiño acolleu a presentación da Semana Grande para Pequenos, que se celebrará do 1 ao 5 de agosto, a próxima semana. Avatel Telecom será a empresa encargada de poñela en marcha, todos os días dende as 19:00 horas ata as 21:00 horas. Haberá actividades de todo tipo, maxia, inchables, actividades musicais ou talleres.
Ante a alta participación de anos anteriores, o concello seguirá apostando por ofrecer estas actividades ás familias, incluíndo esta semana dentro das actividades da Festa do Pulpo.
Hugo Suárez, por parte da empresa organizadora, falounos hoxe máis sobre a súa actividade, ca expansión da fibra óptica por toda España e tamén nas zonas rurais. Agradeceu ó concello a oportunidade de poder colaborar con este evento, pensado nos máis pequenos da casa.