Convocatoria para cubrir unha praza de persoal laboral fixo no concello de Punxín

ANUNCIO de convocatoria para cubrir unha praza de persoal laboral fixo, polo
sistema de concurso-oposición

Mediante a Resolución da Alcaldía do 9 de xuño de 2022 aprobáronse as bases e a
convocatoria para cubrir a praza de persoal laboral fixo dun/dunha traballador/a social e a formación dunha bolsa de emprego, polo sistema de concurso-oposición.
No Boletín Oficial da provincia, na sede electrónica do concello (http://punxin.sedelectronica.gal) e no taboleiro de anuncios aparecen integramente publicadas as bases que deben rexer a convocatoria para a contratación da praza.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o
día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas
bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia e na sede electrónica do concello
(http://punxin.sedelectronica.gal) e no taboleiro de anuncios.

AVANTAR ACTIVIDADES