O próximo venres, 8 de maio, ás 11,00 hs, terá lugar na Insua dos Poetas (A Esgueva, Madarnás, O Carballiño) o acto de inauguración dos murais correspondentes á Xeración Nós na Galería da Literatura Galega.
Esta actividade, organizada pola Fundación Insua dos Poetas e a Fundación Otero Pedrayo, no marco do 50° aniversario do falecemento do Patriarca das Letras Galegas, ten como obxecto develar os retratos de Losada Diéguez, Cabanillas, Castelao, Risco e Otero Pedrayo

Os protagonistas desta actividade serán o alumnado do IES Otero Pedrayo de Ourense e o do CEIP Otero Pedrayo de Amoeiro.
Os artistas dos murais son: Roberto Otero (Classic Rider Tatoo) que pintou o de Losada Diéguez, Diego As (Cabanillas), Lidia Cao (Castelao), Mon Devane (Risco) e Iria Prol (Otero Pedrayo).



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

















