Bernardo Varela reclamou medidas para frear entre os produtores do sector primario a crise polo aumento dos custes de produción, e impedir os abusos de grandes intermediarios, que por vendas a perdas, pagan prezos por debaixo do valor de produción aos gandeiros e agricultores de Galiza.
O BNG oponse á privatización do servizo de recollida de lixo da Deputación provincial.
O voceiro do grupo provincial do BNG, Bernardo Varela, trasladaba ao pleno da Deputación de Ourense a necesidade de implementar medidas para a defensa dos produtores do sector primario.
Os labregos e gandeiros galegos enfrontan unha subida nos prezos de produción mentres padecen rebaixas nos prezos que lles pagan os grandes intermediarios”, declaraba Varela, “por iso as institucións públicas deben intermediar para garantir prezos xustos para gandeiros e agricultores da nosa terra.” Do contrario van rematar coa economía do país.
Así PP, DO e Montse Lama votaron en contra dos gandeiros e agricultores galegos, votando na Deputación de Ourense en contra de reclamar medidas para frear a crise polo incremento dos custos de produción, e proposta para reformar a Lei da cadea alimentaria e impedir as vendas a perdas. Mentres o PSOE púxose de perfil ante os problemas do sector primario, absténdose para non respaldar as propostas do BNG.
O BNG identifica tres grandes problemas nos principais sectores produtores primarios, o bovino de carne, o avícola, o porcino, o cunícola e o ovino e cabrún e o lácteo, declaraba Varela ante o pleno provincial. Os prezos baixos que a industria está pagando a gandeiros e gandeiras, sen esquecer os contratos con cláusula mafiosas que se ven obrigados a asinar polas cales as os produtores deben asumir os prezos que lle cubra os custe de produción sen denuncia posible porque o prezo é “confidencial” por contrato; os incrementos dos prezos de produción e a práctica das cadeas de distribución de vender a perdas utilizando o leite e a carne de polo como produto de reclamo
O grupo de goberno Provincial do PP, xunto aos grupos que o sustentan, Democracia Ourensá e Montse Lama, votaron en contra de medidas que promoven que cadea de valor agroalimentaria se conforme de abaixo cara arriba, evitar prácticas desleais na contratación agroalimentaria, aumentalos supostos nos que é obrigatorio consignar por escrito as relacións contractuais do sector para gañar seguridade xurídica e amplialo catálogo de prácticas desleais a evitar na contratación agroalimentaria. Votaron en contra de se que vele polo cumprimento da obrigatoriedade do prezo pactado entre produtores e o primeiro comprador, que como mínimo ten que cubrilos custes de produción, para os que se debería constituír unha comisión técnica de avaliación, a fin de actualizar estes valores para cada orientación produtiva no ámbito galego.
Bernardo Varela tamén propuña que en pro da competitividade e da eficiencia enerxética, instar á Xunta de Galiza e ao Goberno do Estado a establecer unha Tarifa Eléctrica Galega que permita abaratar custes nun País rico en electricidade. “Non ten sentido que o rural galego sume 4.500 aeroxeradores sen recibir ningún beneficio sobre a factura da luz, que cada vez é máis cara mentres o lobby eléctrico engorda beneficios”.
“Na Galiza queremos moitas granxas producindo alimentos con persoas que poidan vivir dignamente do seu traballo, con capacidade de poñer o noso rural en valor e ser a forza tractora da multifuncionalidade do noso campo, nun modelo sostible que se retroalimente, convertendo os profesionais do agro en verdadeiros garantes do mantemento e coidado do noso entorno natural. Todo elo con retribucións xustas e servizos de calidade para os habitantes do rural.” Declarou Bernardo Varela.
O BNG oponse á privatización do servizo de recollida de lixo
O voceiro provincial do BNG, Bernardo Varela, opúxose á privatización do servizo de recollida de lixo da Deputación de Ourense, que hoxe foi aprobada polo PP no pleno provincial, e que considerando o razoábel bo funcionamento deste servizo non había motivo para que o goberno provincial retome o intento de privatización da recollida de lixo frustrado anos atrás.
“Este é un servizo que está moi ben valorado polos concellos e que xa no mes de febreiro o BNG trasladou iniciativas á Deputación para o mantemento deste servizo de recollida de lixo como un servizo público de xestión directa.”
Varela mostrou a súa preocupación, vistos os informes da Deputación do servizo de Medio Ambiente, “en vez de avanzar nas liñas marcadas por Europa en canto a reciclaxe, acontece todo o contrario, incrementándose a cantidade de lixo producida por habitante” manifestou no pleno provincial. Así mesmo criticou que este problema se pretenda resolver cunha campaña de concienciación de 50.000 euros e que se siga avalando o modelo SOGAMA para a xestión do lixo. Un modelo caduco.