Programación infantil para esta fin de semana, con concerto e teatro

Dentro da programación cultural do concello do Carballiño, este sábado haberá un concerto infantil a cargo da Gramola Gominola, co espectáculo “Bravas”, dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Será o sábado, ás 19:30 horas, no Auditorio Manuel María.

E ademais, o Circuíto Galego de Teatro Amador, continúa o vindeiro domingo 26 de xuño a cargo de Paso de Valverde coa obra ULTRASÓNICA para público infantil, aconsellada para uns asistentes non maiores de 12 anos de idade. A representación será no Auditorio Manuel María do Carballiño, ás 6 da tarde, coa entrada de balde para os pequenos espectadores, que poderán contemplar as peripecias de Carolina e o seu amigo o alieníxena Pin, viaxando xuntos polo espazo e tendo mil aventuras.

AVANTAR ACTIVIDADES