O Centro Comercial Aberto prepara os seus eventos anuais para potenciar o mercado de proximidade

O Centro Comercial Aberto do Carballiño, neste 2023 levará a cabo os seus tradicionais eventos para impulsar as ventas no comercio de proximidade e premiar a fidelidade. Así, a próxima data será o Día dos Namorados, e tamén traballan xa nos días do Pai ou da Nai, neste inicio de ano.

O presidente de asociación reiterou o seu convite a que todos contribuamos á economía local, e tamén recordou que nos tempos que corren é máis importante ca nunca o asociacionismo, polo que todos aqueles que queiran formar parte do CCA poden poñerse en contacto con eles, ou tamén os asociados que precisen axuda con algún trámite.

AVANTAR ACTIVIDADES