O BNG reclama unha reunión da corporación e asociacións para facer fronte á situación do abastecemento de auga

A situación do abastecemento municipal de auga de Ribadavia é moi seria. Logo do corte de onte xoves ás 23:00 horas houbo barrios de que hoxe venres non tiveron abastecemento nas vivendas ate as 18:00 horas. A actividade de hostalería, perruquerías, lavandarías e establecementos en xeral viuse dificultada ao longo da xornada.

Dende o Bloque Nacionalista Galego de Ribadavia consideran que diante da situación o primeiro que se debe facer é seguir pedindo a responsabilidade de todo o mundo no consumo de auga.

AVANTAR ACTIVIDADES

Pero tamén nse preguntan dende o BNG por que de onte para hoxe se agravou a situación de tal maneira ata chegar ao anuncio dunha sucesión de medidas de emerxencia como a que ven de publicar o goberno municipal nas redes sociais: reparto de auga embotellada, subministro por cisterna, nova captación de auga.

Esperan dende a formación que o antes posible sexan convocados todos os representantes da cidadanía de Ribadavia (corporación municipal, asociacións) a unha xuntanza na que se dea conta de todo o que está a suceder, para que se poida chegar a propostas e acordos que permitan saír xuntos cara adiante.