Vivesan Fitness comezará setembro con xornadas de portas abertas

IES CHAMOSO LAMAS
https://youtu.be/EGSGyqdVg5Q

O centro deportivo Vivesan Fitness do Carballiño, destinado solo a mulleres, quere comezar setembro con toda a enerxía, igual ca os comezos de curso escolar. Para axudar nesa volta á rutina logo do verán e ós bos hábitos, propoñen varias xornadas de portas abertas, o 13, 14 e 15 de setembro, na que todas as interesadas poderán probar as súas clases e as novidades para este ano.

Nos próximos días e a través das redes sociais de Vivesan Fitness, publicarán toda a información sobre estas xornadas, nas que se poderán probar todas as clases en diferentes horarios para adaptarse a todas as dispoñibilidades.

OZOCOgz Deseño Galego

Vivesan é un centro para todas as mulleres, sen importar a condición física, e axudan a volver pouco a pouco á actividade física. Ademais, nesta volta xa recuperan a actividades sen ningún tipo de restrición, sen máscara obrigatoria e sen distancias nin número máximo de aforo.