XVI edición do Festival Arteficial de Ribadavia

O 3 de setembro celebrarase no casco histórico de Ribadavia (Ourense) a nova edición do
Festival Arteficial. Mais concretamente, na Igrexa da Madalena e na súa contorna. Por mor das medidas de seguridade impostas pola COVID-19, facía dos anos que non se utilizaba esta localización para a realización deste festival/romería.
Durante a xornada, os asistentes poderán desfrutar de oito concertos distribuídos nos
diferentes escenarios da contorna da igrexa, de grupos tanto nacionais como portugueses, xa que nos últimos anos Arteficial foi creando unha irmandade co país veciño, e ao igual que tentamos mostrar o talento e a calidade artística galega, igual o facemos con Portugal.
A primeira confirmación da edición foi Unsafe Space Garden, un grupo formado por 6
artistas protugueses en 2019 coa intención de levar aos seu público de viaxe existencial a
través dunha meditación guiada, utilizando a súa música como brúxula e como forma de
protesta existencial. Todo isto aderezado cunha boa dose de humor para axudar aos
espectadores a relaxarse e emprender o camiño con eles.
Os seguintes foron Gator de Alligator, procedentes de Barcelos (Portugal), epíteto do
garage rock que traerán ao escenario de Arteficial, adrenalina, rebeldía e moito ruido.
Seguimos con outra banda lusa, Grand Sun, que xorden en 2016 como banda de garage
rock, moi influenciados pola música dos 60 e 70, e que oscila tamén cara o pop psicodélico e presentan unha actitude moi de post-punk.
A derradeira banda provinte de Portugal son Ricardo Don e Denny Azevedo, os
Venga-Venga. Ainda que son orixinarios de Brasil, levan afincados en Lisboa dende o 2019.
A súa música é un viaxe sonoro a través de mitos e ritmos de todos os continentes,
fusionando samples, experiencias vocales e as súas propias letras para este proxecto.
Ademais, conseguen facer do público un “intérprete colectivo”, xa que non pensan en el
como simple testigo do seu traballo.
Voltamos a España con Espineli (Madrid), unha xoven estrela en alza que poráo público de Arteficial en pé cos seus ritmos bakala-pop e techno cargados de referencias da xeración Z.
Dende Galicia veñen as Fillas de Cassandra, que crean un fermoso equilibrio entre a
música tradicional galega misturada con electrónica e cargado de feminismo.
Rematamos o cartaz o imprescindible Issac Pedrouzo, que xa ten formado parte doutras
edicións deste festival. Ourensán de nacemento, e escritor, columnista, guionista e DJ de
profesión, fai tempo que baixou das cabinas das discotecas para adicarse a outros
proxectos, pero retoma esta faceta súa para o Arteficial.
O festival Arteficial tamén conta cunha zona gastronómica na que haberá diferentes opcións culinarias, así como o Mercado das Sementes, na que varios artístas galegos terán a oportunidade de mostrar e vender as súas creacións.
O Festival Arteficial está patrocinado polo Concello de Ribadavia, Deputación de
Ourense, Doppler Xestión Cultural, Cruz Vermella, Cervezas Alhambra e os socios e
socias de Arteficial