Comunicado da Asociación ” Alarma na Terra de Montes”

A asociación veciñal, sociocultural e ambiental Alarma na Terra de Montes acaba de reunirse coa alcaldía do Concello de Forcarei para esixirlle o cumprimento dos compromisos aprobados nos plenos municipais celebrados o 1 de xuño de 2021 e o 17 de febreiro de 2022, en relación aos parques eólicos que afectan ao concello, dende mediados do 2021 ata hoxe.

O concello de Forcarei comprometeuse a crear unha comisión permanente de seguimento dos parques eólicos, que nunca se
convocou. Tamén se comprometeu a realizar charlas informativas para a veciñanza sobre cada un dos parques que saíran a exposición pública, e nunca se realizaron esas charlas por parte do concello. Tampouco se chegaron a elaborar os informes técnicos correpondentes que se comprometeran a facer para cada un destes parques. Actualmente está en fase de exposición pública ata o día 13 de Outubro o P. E. Cabanelas que afecta aos concellos da Estrada, Forcarei e CerdedoCotobade. Por estes motivos a Asociación Alarma na Terra de Montes esixe o cambio de actitude
por parte do concello, e igualmente como asociación continúa o seu traballo informando á
veciñanza, nesta ocasión a causa do P.E Cabanelas convoca unha charla informativa o domingo 11 de setembro as 11h en Valadelo (Castrelo, Forcarei )

AVANTAR ACTIVIDADES