O BNG urxe ao concello a rehabilitación do conservatorio do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Sofía García pon de manifesto unha vez máis o perigoso deterioro do conservatorio do Carballiño ante a desleixo do goberno municipal por solventar unha problemática que ven sendo denunciada desde fai anos. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Carballiño, 13 de setembro de 2022.  A voceira municipal do BNG no concello do Carballiño, Sofía García, voltou poñer de manifesto a situación de deterioro e degradación continuada do edificio do conservatorio sen observarse as melloras  necesarias. 

Todo segue igual, sinala García, as lousas da cornixa continúan apreciándose soltas e ameazando desprendemento, o que xa fai un ano desde o BNG puxemos en coñecemento do concello, e denunciabamos como un perigo inminente. 

As poucas intervencións realizadas non poden chegar a calificarse nen como como de carácter cosmético, pois as fiestras seguen rotas, con vidros que é imperativo cambiar o máis axiña posible, no que o mantemento continúa sen apreciarse por ningures, e na que as lousas da cornixa continúan a mostrarse ameazantes  para a seguridade. 

“Arrinca o curso escolar e o goberno municipal non fixo os deberes” indicou a voceira nacionalista, que lembrou que desde o BNG levan anos denunciando esta situación mentres se agrava canto máis pasa o tempo, e “non ten explicación o desleixo da xestión do goberno municipal para resolver cuestións deste tipo, sobre todo cando supoñen un perigo tan evidente.”

“Desde o grupo municipal do BNG do Carballiño volvemos esixir a reparación do conservatorio municipal por constituír unha situación de perigo inminente que non se pode consentir” demanda García,  a voceira do BNG do Carballiño.