O Ribeiro sitúase hoxe nos 50 casos activos de coronavirus

IES CHAMOSO LAMAS

A maior parte dos casos concéntranse na capital de comarca, que hoxe se mantén estable nos 24 casos de coronavirus. O concello de Leiro segue nos 11 casos, estable tamén dende o venres. Castrelo de Miño sobe hoxe dous casos ata os 5, Avión tamén sobe hoxe, cun caso máis, ata os 3 contaxios e Cortegada suma 1 caso ata os 2 positivos. Cenlle mantense nos dous casos e Melón, Carballeda de Avia e Arnoia manteñen un caso cada un. Beade segue a ser o único sen casos activos.