Bases e convocatoria XXXVI Edición Premio “Antón Losada Diéguez”

Hoxe publicase no BOP as Bases e convocatoria XXXVI Edición Premio “Antón Losada Diéguez”

BOP Premer na Imaxe

AVANTAR ACTIVIDADES

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/534962

Anuncio de convocatoria e bases do Premio Antón Losada Diéguez na súa XXXVI Edición Extracto das bases e convocatoria das do Premio Antón Losada Diéguez na súa XXXVI edición. De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto das bases e convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións:

http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

1. Obxecto Os concellos do Carballiño e Boborás, ambos os dous de Ourense, contando coa colaboración económica da Excma. Deputación Provincial de Ourense, convocan o premio anual “Antón Losada Diéguez” (…)

2. Beneficiarios – A participación estará aberta a todos os autores ou autoras que se axusten aos requisitos expostos nestas bases e especialmente os seguintes: – A lingua na que se editen as obras será a propia do orixinal, que inescusablemente estará escrito en lingua galega. Non será considerado ningún tipo de obras traducidas de orixinais publicados inicialmente en calquera outra lingua. (…)

3. Crédito Consistirá o devandito premio na dotación dunha cantidade total de doce mil euros (12.000 €) para premiar dúas obras xa publicadas, unha delas no eido da creación literaria e a outra no eido da investigación e ensaio, con cargo á partida de orzamentos 3341146200. Cada unha das obras será premiada coa cantidade de seis mil euros (6.000 €).

4. Prazo O prazo de presentación das obras será dende o día seguinte ao da publicación do extracto da presente convocatoria no BOP e ata o día 31 de xaneiro de 2021.

5. Procedemento de concesión e entrega do Premio O procedemento de concesión será de concorrencia competitiva. A entrega oficial do premio “Antón Losada Diéguez” na súa trixésimo sexta edición, aos autores ou autoras das obras premiadas (creación literaria e investigación e ensaio), farase o día 12 de xuño de 2021, e terá lugar no transcurso dun acto literario que se celebrará no Pazo de Moldes, do Concello de Boborás, onde naceu e viviu o ilustre Antón Losada Diéguez